Quantcast
Channel: poesía salvaxe
Viewing all articles
Browse latest Browse all 317

Dos poemas de Fernando Pérez-Barreiro Noya

$
0
0
Hoxe non se presentaba un libro, e non sóo un libro de poemas.
Hoxe afondamos no ceo telúrico onde imos atopando o maxistral atlántico que nos fai venturosos náufragos, habitantes da aldea cosmopolita da nosa infancia. Fernando Pérez-Barreiro Noya é a constatación de que non cometemos érros cando eleximos os camiños que se bifurcan. A xente como él habita neles.

Na mesa,
Nicolas Vidal.
Suso Basterrechea
Armando Requeixo
E súa compañeira, de poetica natureza no seu falar e na escrita, TERESA BARRO.
GRAN SORTE habela conocido.
La imagen puede contener: 4 personas, personas sonriendo, personas sentadas e interior

O día, a catro patas,
enxerguéu pol´o cadro d´a fenestra,
rosmóni-esblancuxado.
Vaite d´ahí día d´o demo!
Pero il rosma e rosma
e méteme o seu frío pol´os osos
hastra que por non velo voume afora.


                                   22 de marzo 1957



Baixando desde A Toca ás Enviadas,
alí estaba, no medio do camiño,
poliédrica e chea de aguzada razón puntiaguda.
verdecampante desafio ao mundo.
"É a carricanta"----dixome o meu pai
apontando có ferro do caxato.


E alí encontrei o meu destino certo.
"Quero ser carricanto cando eu medre"

E aquí estou, entre A Toca e As Enviadas
entre Canden e Putney,
entre Innsbruck e Sölden, no Otztal,
cantando sempre, O Carricanto.

(De Poemas do Carricanto, Espiral Maior)

Na VOZ DE GALICIA

Novas sobre a presentación no DIARIO DE FERROL


Fernando Pérez-Barreiro Nolla (Ferrol, 1931-Lancaster, 2010), avogado, xornalista na BBC, tradutor, profesor universitario en Londres e políglota que dominaba unha ducia de linguas, entre elas o chinés, desenvolveu unha importante labor intelectual reflectida non só nas súas obras senón tamén nos galardóns recibidos ao longo da súa traxectoria vital, como o Premio Nacional de Tradución de España, a Medalla Castelao, o Plácido Castro, o Pedrón de Ouro ou o premio de Cultura de Diario de Ferrol, entre outros.
Porén, a figura deste xenial ferrolán resulta aínda moi descoñecida na súa cidade natal, lugar onde precisamente hoxe será presentado o libro “Poemas do carricanto”, con versos inéditos do autor.
O proxecto, impulsado pola súa propia viúva, a tamén escritora Teresa Barro, e un grupo de amigos como Fran Silva e Nicolás Vidal, recompila a obra poética en galego do autor. A iniciativa, editada por Espiral Maior, corre a cargo do profesor e crítico Armando Requeixo e conta un epílogo de Xosé Luis Méndez Ferrín, compañeiro de xeración do escritor ferrolán. “Fernando Pérez-Barreiro Nolla é un grande poeta do meu tempo. Estou seguro de que seguirá séndoo en todos os tempos futuros da nosa lingua e da nosa estirpe”, recolle no devandito texto o propio Ferrín.
Inéditos
A obra, que mestura un cosmopolitismo insólito cun gran amor pola súa terra, inclúe 37 poemas inéditos na práctica totalidad, elaborados desde 1956 ata 2003. A edición conta ademais cunha variada información gráfica que amosa a Pérez-Barreiro ao longo de diferentes etapas vitais e lugares de todo o mundo.
O escritor bebeu de autores como Rosalía, Cabanillas, Rubén Darío, Carvalho Calero ou Noriega Varela, de William Blake, Yeats, ou Zhu Ziquing, entre outros, para crear “unha poesía inédita en galego e décadas por diante do que veu despois”, salientan os promotores deste proxecto literario.
Actividade
Impulsor de numerosas iniciativas que tiveron a Galicia como eixo central, “nos seus traballos conviven con elegancia e lucidez da política á literatura, da tradución ao xornalismo, da filosofía á estética”, engaden.
Agás as memorias póstumas “Amada Liberdade” (Edicións Xerais, 2013), nas que o acompaña a súa dona, a produción de Pérez-Barreiro non incluía ata o de agora escritos íntimos ou persoais agás en xornais e revistas, como o caso da ferrolá “Auturuxo” que dirixían nos anos 50 Miguel Carlos Vidal, Tomás Barros e Mario Couceiro e no que publicara algún poema en castelán.
A edición deste poemario suma puntos, a xuízo dos impulsores do mesmo, para que a “Academia teña en conta a Pérez-Barreiro, visto que non se ten en conta a de Carvalho Calero, como candidato ás Letras Galegas”, comentou onte o xornalista Nicolás Vidal. Fan así un chamamento para que a devandita institución considere unha petición baseada na destacada achega e traxectoria dun ferrolán dunha “talla intelectual moi grande” e que merece un maior recoñecemento por parte das institucións, tal e como onte salientou o concelleiro de Cultura Suso Basterrechea, acompañado do propio Vidal e de Armando Requeixo.
Presentación
O libro “Poemas do carricanto” será presentado esta tarde, ás 19.30 horas, no salón de actos do Antigo Hospicio de Ferrol, en Amboaxe.
O acto contará, tal e como se informou, coa participación de Suso Basterrechea; o editor e deputado Miguel Anxo Fernán Vello; e o crítico Armando Requeixo. A entrada é libre.

Viewing all articles
Browse latest Browse all 317