Quantcast
Channel: poesía salvaxe
Viewing all articles
Browse latest Browse all 317

VICENTE ARAGUAS: UNHOS PUÑADIÑOS DE NEVE

$
0
0


DECANDO FÓRAMOS NEVAR



COMO SE NEVA


escribo lento,
bailando
nun xogo incerto de parella
a se abrazar
no espello dun motel en ruínas.
Escribo lento
como se neva en Caspar Friedrich.
Non e Edward Hopper



TI NA ESCASEZ


Na carencia de medios
bótote en falta.

Como un gorro abisinio
no traxe de faena.



Eu souben que deixaras de quererme
no patio do cuartel.
A milicia, daquela,
un acto grave.




HAI UNHA VEZ PRIMEIRA


Souben como era:
algarabía
e os abruñeiros brancos.




TAN DECISIVO E GRANDE COMO ESPIR UN AMOR QUE
               MORA LONXE


(Non é razón que sirva
o que ti non esteas).
O pavo fai a roda
arrodeado de mitos
como cisnes severos con pescozos tan
lánguidos.
Entro descalzo en ti,
nos hortos que me pisas,
saudadoso das uvas
que te fuches levando.




DA SEGUNDA PARTE: O BERRO PRIMAL DE YOKO ONO



GOOD MORNING, GOOD MORNING


Isto fora que nos dera
por imitar aos galos
e saíamos á terraza
cacaresarlle ao sol
cando se mostraba
no fondo da ria.
Timidos de railoas,
iso seriamos nós,
atal proxecto agora
de mocidade confusa,
magreando nun diván
mentres arranca o día.




de ONDE QUEIRA QUE ESTEADES


PRENDO


Escolmo, nos meus ollos de outono
o lecer dunha tarde
que dá voltas.
Que vira nun auto de choque,
que baila coa música
saíndo dun toldo.
Sonora esta tarde
que brilla, con brillos de folllas caídas
ao sol do marmelo.




SE ALGUNHA VEZ NEVASE AQUÍ


Cae a neve contigo
cuspidiña
a esas neves de antano.
A mesmiña
que chantei para ti:
bandeira branca
esvarando nas túas coxas.

Nevo contigo.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 317

Trending Articles